miércoles, 28 de agosto de 2013

Intercambio Xeracional Agosto 2013


A nosa entrada de hoxe dedicámola a ensinarvos cómo pasamos este Luns, 26 de Agosto, nos Obradoiros de Estimulación Cognitiva de Agadea, xa que fixemos un intercambio xeracional.  

Veunos visitar Geno, unha nena de 6 aniños rebosante de enerxía e de agarimo, que, aproveitando as súas vacacións de verán, veu a aprender e a xogar cos nosos maiores. Foi unha mañá moi bonita e divertida, Geno chegou a dicir que era "o día que mellor o pasara na súa vida", e as caras de eles tamén denotaban esa alegría que desprendía Geno.


A mañá comezou entrenando todos xuntos en círculo cunha pelota pequena, pasando de man en man. 
A seguinte actividade consistiu nun xogo cun paracaídas de cores no que, ao ritmo da música chegamos a ter ata 5 bolas á vez, que non podían caer o chan, e para iso era necesario levantar o paracaídas se caía a pelota diante de un. 



Para descansar, logo do esforzo, tivemos un anaco de Cantaxogos, Geno tiña que imitar o que vía no vídeo, unha canción cun baile sobre animais, e logo todos os demáis debían imitar a Geno...a aula converteuse nun zoo, con elefantes, orangutáns e ata serpentes! 



E aproveitando que estamos no final do verán, e os días están perfectos para pasear, fumos ao parque de Salgueiriños. Entre paseos, descansos nos bancos ao fresco, xogos nos columpios e conversacións, foi pasando a mañá tan movida e divertida...



O chegar a aula outra vez, os participantes tomaron un aperitivo para repoñer forzas e seguir traballando, era o turno das fichas para reforzar a memoria. O mesmo tempo, dúas persoas xunto coa Terapeuta ocupacional e Geno, dedicáronse a facer un pulpo con la, o seu nome: Pulpina. 

E así chegamos á hora de xantar. Contentos pola experiencia e desexando volver a pasar tempo con Geno!