jueves, 27 de junio de 2013

A mellor entre tódalas damas

O seu nome é Dama, a cadeliña de preto de 10 meses, de raza Boyero de Berna, que contribúe a mellorar o nivel de vida e proporcionar recursos que beneficien o tratamento dos nosos usuarios de AGADEA, ademáis de constituir unha fonte inagotable de interacción e cariño incondicional para eles.



Adestrada polo equipo do centro canino A Cova do Lobo en colaboración con  Beatriz Rey Mourelle, a nosa terapeuta ocupacional encargada da programación e do coidado do grupo de enfermos de mañá (os que presentan menor deterioro posto que se atopan na fase lixeira da enfermidade) do centro Sociocultural de Vite, Dama é unha cadela especial a través da cal pódense realizar múltiples exercicios de mantemento das funcións cognitivas dos usuarios (memoria, linguaxe, atención, orientación...) así como de potenciamento das capacidades emocionais. “O contacto con Dama é moi positivo e permite unha ampla serie de actividades: sensitivas, de higiene, musicais…” afirma Beatriz, que coa axuda dos voluntarios de AGADEA, procedentes de titulacións diversas como Psicoloxía ou Educación Social, prepara os obradoiros dos venres nos que Dama é corazón e parte activa da terapia. 



“Dama gústanos moito. Sempre nos dá mimos e ata lle compuxemos unha canción”  relatan tódalas señoras pertencentes a este programa de Agadea, motivo polo cal o venres, día en que a cadeliña pasa a mañá entera xunto a elas dende que naceu hai menos dun ano, é a súa xornada predilecta da semana.

http://www.youtube.com/watch?v=9ffVHVJJk4Y&feature=youtu.be

Os variados exercicios que o pequeno grupo de 6 ou 7 asistentes áo taller dos venres fan en torno á cadeliña son, entre outros, unha terapia sensorial consistente en identificar as partes do corpo do animal cós ollos pechados amén de motivar a súa capacidade descriptiva, bailar arredor dela canciones populares galegas ou españolas en corro e de maneira individual levar a cabo labores de coidado e limpeza, cepillando e lavando o seu pelo, facéndolle agarimos e levándoa a pasear para que realice a súas necesidades. “Todas quérena moito e é unha forma de contacto novidosa” afirma Juliana, unha das voluntarias.


Por outra banda, este mes, medios de comunicación amosaron interese por descubrir o funcionamento das terapias con Dama. Esta é a reportaxe realizada pola Revista de Tarde da TVG:



Dama é un exemplo de cómo unha mascota pode convertirse nunha innovadora vía de proporcionar cariño, buscar recursos e contribuir ao mantemento das funcións cognitivas no coidado da calidade de vida dos enfermos de Alzheimer en Compostela, así como facelos un pouquiño máis felices.




No hay comentarios:

Publicar un comentario