lunes, 1 de julio de 2013

Mosaico variado de actividades

En Agadea realizamos diferentes obradoiros e terapias cos nosos usuarios, a fin de manter e mellorar na medida do posible as súas funcións cognitivas, funcionais, de conducta e de afectividade.



Polas tardes, de 16:00 a 20:00 no Centro Terapéutico de Agadea se desenvolven obradoiros en grupos pequenos, que sempre oscilan entre 7 e 10 usuarios con Alzheimer e outras demencias, dirixidos por unha psicóloga e apoiados por un equipo multidisciplinar (educadora social, terapeuta ocupacional, traballadora social e tres xerocultoras), ademáis da participación de diversos voluntarios, de diferentes idades e ocupacións, que enriquecen e fan máis directo o trato cos usuarios. Estes obradoiros se denominan "de estimulación cognitiva" e se basean en exercicios dirixidos as súas capacidades intelectuais, motoras e sensoriais

As actividades estrutúranse en individuais e colectivas. A tarde comeza cunha pequena terapia de orientación a realidade (que axuda aos usuarios a ubicarse na data actual, buscan o nome nas cadeiras, falan do clima) e tamén unha terapia de reminiscencia (que repasa e lembra o seu pasado e o presente mediante preguntas, fotografías de familiares, etc...). Estos constitúen actividades grupais de orientación persoal, espacial e temporal, tralos que se realiza unha lectura da prensa do día, exercicios de estimulación da atención e da memoria (traballo con refráns, recoñecemento de obxectos en tarxetas, denominación de cores...), ximnasia e psicomotricidade (exercicios de lateralidade esquerda-dereita, xestualidade, movementos articulatorios...). Tamén en colectivo faise musicoterapia e xogos grupais (de interacción e asociación)



Finalmente, os usuarios realizan a terapia individual (con exercicios de cálculo, puntado, quebracabezas, puzzles, debuxo, pasatempos...). Ademáis, no medio da tarde ofrecemos aos asistentes unha merenda, que reforza os vínculos sociais entre eles.

Existe constancia a través de diferentes estudos da efectividade da estimulación cognitiva no mantemento das capacidades dos enfermos de Alzheimer e así consta nas diferentes guías de actuación e acordos das sociedades científicas relacionadas coas demencias. Motivos de sobra para non dubidar á hora de decidir que os nosos achegados ou familiares que padezan esta lesión cerebral orgánica para que reciban coidados especializados e exerciten o mantemento das súas funcións cognitivas, funcionais, de conducta e de afectividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario