miércoles, 24 de julio de 2013

Paseo pola Alameda de Santiago

Bos días! 

O luns, 22 de Xullo, coincidindo co inicio das Festas do Apóstolo, un grupo do turno das mañás de Agadea, fomos pasear pola fermosa Alameda de Santiago.

A mañá comezou visitando a estatua das Marías, de Coralia e Maruxa Fandiño, dúas irmás costureiras coñecidas nos anos 60-70, que sempre adoitaban saír a dar unha volta pola alameda ás dúas en punto, ían ataviadas con vestidos extravagantes e cunha maquillaxe moi colorida. 




Ó longo da mañá todos disfrutamos coas vistas á Catedral e do glorioso repique das súas campás, contemplamos os xardíns cos distintos tipos de flores e plantas, e paramos a descansar nos bancos que están no mítico Paseo da Ferradura, en fronte da estatua de Valle Inclán, amenizando o reposo con conversas e lembranzas de cada un. 

Como xa estaban montadas as atraccións polo Apostol, aprobeitamos para ir visitar a noria, e abraiarnos coa súa altura. Tamén fixemos unha parada para ver dende fora a Iglesia de Santa Marta, ao carón da noria. 





Por último, fomos tomar un café a un bar que está cerquiña da Alameda, e falando de todo un pouco, chegamos á conclusión de que queremos repetir outra saída así!





No hay comentarios:

Publicar un comentario