O seu nome é Dama, a cadeliña de preto de 10
meses, de raza Boyero de Berna, que contribúe a mellorar o nivel de vida e proporcionar
recursos que beneficien o tratamento dos nosos usuarios de AGADEA, ademáis de constituir unha fonte inagotable de interacción e cariño incondicional para eles.
Adestrada polo equipo do centro canino A Cova do Lobo en colaboración con Beatriz Rey Mourelle, a nosa terapeuta ocupacional encargada da programación e do coidado do grupo
de enfermos de mañá (os que presentan menor deterioro posto que se atopan na
fase lixeira da enfermidade) do centro Sociocultural de Vite, Dama é
unha cadela especial a través da cal pódense realizar múltiples exercicios de
mantemento das funcións cognitivas dos usuarios (memoria, linguaxe, atención,
orientación...) así como de potenciamento das capacidades emocionais. “O
contacto con Dama é moi positivo e permite unha ampla serie de actividades:
sensitivas, de higiene, musicais…” afirma Beatriz, que coa axuda dos voluntarios de AGADEA, procedentes de titulacións diversas como Psicoloxía ou Educación Social, prepara os obradoiros dos venres nos que Dama é corazón e parte activa da terapia.
“Dama
gústanos moito. Sempre nos dá mimos e ata lle compuxemos unha canción” relatan tódalas señoras pertencentes a este programa de Agadea, motivo polo cal o
venres, día en que a cadeliña pasa a mañá entera xunto a elas dende que naceu hai menos dun ano,
é a súa xornada predilecta da semana.
http://www.youtube.com/watch?v=9ffVHVJJk4Y&feature=youtu.be
http://www.youtube.com/watch?v=9ffVHVJJk4Y&feature=youtu.be
Os variados
exercicios que o pequeno grupo de 6 ou 7 asistentes áo taller dos venres fan en
torno á cadeliña son, entre outros, unha terapia sensorial consistente en
identificar as partes do corpo do animal cós ollos pechados amén de motivar a súa
capacidade descriptiva, bailar arredor dela canciones populares galegas ou españolas en
corro e de maneira individual levar a cabo labores de coidado e limpeza, cepillando
e lavando o seu pelo, facéndolle agarimos e levándoa a pasear para que realice a súas necesidades. “Todas quérena
moito e é unha forma de contacto novidosa” afirma Juliana, unha das voluntarias.
Por outra banda, este mes, medios de comunicación amosaron interese por descubrir o funcionamento das terapias con Dama. Esta é a reportaxe realizada pola Revista de Tarde da TVG:
Dama é un
exemplo de cómo unha mascota pode convertirse nunha innovadora vía de
proporcionar cariño, buscar recursos e contribuir ao mantemento das funcións cognitivas no coidado
da calidade de vida dos enfermos de Alzheimer en Compostela, así como facelos un pouquiño máis felices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario